Hola a todos,
Parece que este ano a cea do equipo vaise retrasar un pouco. Realmente non sei quen está organizando o tema. Ao parecer había alguén que non podía por causa do traballo ou porque tiña outros compromisos, co cal, deixo esta entrada no blog para que todo o mundo poña unha data que lle veña ben e logo definimos cal pode ser a mellor na que poidamos asistir todos.
No meu caso por exemplo podo dicir que non hai ningún problema de datas. Estou libre para que a cea se celebre un venres ou un sábado, iso a gusto da maioría. Iso si, preferiría que se celebrase canto antes porque senón ó final non a vamos facer.
Outro tema importante é onde facela... Tamén me da igual. Quizais sería lóxico no Anxo coma sempre.
BUENO AVISO PARA NAVEGANTES..... AINDA QUE FAGA ESTA ENTRADA NO BLOG DICIR QUE EU NON ESTOU ORGANIZANDO A CEA DO EQUIPO, REPITO: NON ESTOU ORGANIZANDO A CEA DO EQUIPO. ASÍ QUE SE HAI ALGÚN VOLUNTARIO, QUE O DIGA AQUÍ PARA QUE TODOS PODAMOS DIRIXIRNOS A EL.
Bueno a miña opinión xa está dada. Agora vos toca ós demáis.
Un saúdo.